A lenda foi logo traducida ao francés e se estendeu durante séculos pola Europa cristiá en copias manuscritas, aínda que os bolandistas non dubidarían en cualificala de "apocripha deliramenta",[2] E non fose editada até 1836, cando saíu en Francia unha versión preparada por Achille Jubinal.[3] De acordo coa citada Navigatio Brandán partiu o 22 de marzo de 516 con outros catorce freires, aos que se suman tres advidos, nun barco na procura do Paraíso terreal. Despois dunha longa viaxe, recalou nun mar cheo de illas; a identidade destas illas e en particular da mítica illa de San Brandán, ten sido motivo de controversias, e se ten afirmado que posibelmente se tratase da illa de Terra Nova —o que faría de Brandán quizais o primeiro europeo en chegar ás Américas—, tamén se ten identificado con Islandia e as illas Feroe e incluso coas illas do mar Caribe ou as illas Canarias. A lenda conta que os monxes celebraron unha misa de resurrección nunha illa que resultou ser unha balea, e aí naceu a lenda da illa errante nas augas do océano Atlántico.